lunes, 4 de octubre de 2010

Sinto, adeus.

Nunha completa oscuridade, prendeu unha vela. Levantouse paseniño, sen facer ruído, para que a sua muller non se despertase. Eran arredor das 4 da mañan, pero xa durmira suficiente. Colleu o seu "chandal" e dirixiuse a porta de atrás.

E ala se puxo a correr sen parar, ía pola sua rúa e via o despertar dos demais, como era distitno de seu, pero á vez tan igual.

Logo da seu matinal " paseo" volveu a casa, abriu a porta moi despacio, para intentar non despertar a sua muller. Pero nada máis abrila e pór os seus pés na súa casa, encontrou unha maleta xunta as escaleiras. El, moi anonizado, correu ata a cociña., alí estaba súa muller , sentada tomando un chocolate cunhas tostadas feitas no momento, e sen mirar para el, pero con bagoas nas meixelas dixolle sen máis: Sinto, adeus John.

El, cos ollos vermellos, con bágoas xa apunto de sair, foi a habitación do seu fillo, non o quixo despertar, pensaba que asi era mellor para todos, pero no fondo estaba equivocado.

Colleu a maleta, desfeito, hundido, e mirou para atrás, alí estaba ata que as 4 de esas noite fora a súa muller, non o miraba, nin sequera foi ata a porta a acompañalo. Abreu a porta, e saiu da casa, dos seus pasado e ata o que fora o seu presente.

Entón, xusto entón, comezou a chover, pero tamen a amencer, nese momentos descubreu que si, que os despertares dos demais non eran iguais o seu.

No hay comentarios: