Mostrando entradas con la etiqueta personal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta personal. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de enero de 2010

17/01/2010

Volvin a Coruña, como os galegos que volven ao seu fogar despois de emigrar. E como eles mesmos o saben, volves a un lugar onde todo volve a ser igual ca sempre, ves a mesma xente de sempre e ves os mesmos homes traballadores de sempre.

Tes morriña? A morriña foiseme cando madurei, pouco, pero cando o fixen. O certo é que lle vou dar máis vida a este blog, tanto con cousas "persoais", como sociais, gustame escribir,e por algo teño o blog, non credes?

Sen máis, un domingo calquera, despois volverá Coruña, e logo a IN-morriña.


Homes de peito, con ghuevos pequenos.

domingo, 14 de junio de 2009

A LIBRETA DAS PALABRAS ( I I I )


É boa hora para escribir, son as 22.50 do domingo, e o certo e que acabo de vir de pasar un rato xenial, e sabedes pro que? por que eles fanno xenial. Cantas veces lle fallei, cantas veces dixen que si cando era que non e cantas veces eles seguironme tratando igual...joder as cousas o mellor cambiarian se a xente coma min fora moito mais liberal, si fora moito mais sensata.

Pero o certo é que son boa xente, amellor que coñezo, e pode ser que dentro duns anos nos separemos, uns comenzaran a traballar, outros estudiaran fora, e outros o mellor casaranse e non os volveremos a ver, pero tou moi seguro que nunha tarde, encontraremonos todos no mesmo sitio de sempre, recordando os vellos tempos e decindo, joder polly que parvo fuches.

Son as 22.54, e acabei, tiña moi claro que decir, pero algun dai seguirei contando.

miércoles, 10 de junio de 2009

TODO PODERIA ACABAR MAÑAN / VERSIÓN LIGHT


Porque isto é todo...[...] Todo poderia acabar mañan...[...], é verdade, todo poderia acabar mañan, pero o mañan nunca chega, ( por agora ) e cando chega é no momento que mellor che vai, no momento no que ti non queres que chegue. Pero o ser humano é impredecible, e o seu destino ainda máis. Non quero ser obxectivo con ningun tema, pero a verdade e que oxalá pronto cambie o destino do aire, e a lonxitude do mar, nese momento si que poderiamos decir : todo poderia acabar mañan.

martes, 9 de junio de 2009

REFLEXIÓNS NO ATARDECER ( II ) / CONTINUACIÓN


[...] Certo. Pero a oscuridade o mesmo tempo falache, falache como es ti frente a algo que non coñeces, diche como es ti cando estas ti solo, cando ninguén che rodea, cando estas ti e a escuridade. Certo. Pero parece mentira que a metafisica none xplicase por que a escuridade é oscura, pero si se ve, na escuridade encendes un misto e ves todo o seu alrededor. Certo. Pero máis certo é que se cheras na oscuridade e cae esa bagoa, XAMAIS a encontrarás. Certo é. Pero o mundo non xira por que sí, xira para darlle sentido as vidas, para incrementar a desilusión dos ricos o non gañar e para aumentar a ilusión os pobres que encontraron un cacho de pan no vertedoiro. Moitas xente morrerá mentres escribo isto, mentres eu gozo de privilexios tan inecesarios como un despertador electronico, ou unha televisión. Certo. A felicidade non son os bens materiais, nin sequera, os bens esperituais, máis ben, son os bens persoais, os bens que un ten na súa cabeza mentres pensa, metres un vé as gotas de choiva caer e desfacer o enorme manto de tranquilidade que abonda no mar, e metres unha bandada de paxariños cruzan o rio para refuxiarse no seu fogar, mentres uns pescadores volven a terra a xunta súa familia, e mentres que eu pudrome nunha roca, onde a auga me molla por fora e por dentro... Certo. [...]

REFLEXIÓNS NO ANOITECER ( I ) / PINOCHO


[..] Pois a verdade e que hoxe, despertei cunha sonrisa enorme, que me ocupaba toda a cara, non era felicidade, pero era algo que non sabia explicar con palabras, tal vez cunha mirada explicariase, pero o caso e que o mundo xira sobre min, como se eu quixera escapar do mundo pero o mundo non quere que eu escape del. Certo. Pero a verdade e que a escuridade o longo do dia volveuse a cernir sobre o meu lombo, pero seguramente as conversas con pinocho, e as letras que saian dunhas cordas vocais ( propias), cas notas melodicas que salian das cordas da guitarra, volvian a poñerme unha sonrisa tan larga que me ocupaba toda a cara. Certo. Pero as consecuencias son fiables, ninguen pode loitar polo que non quere, " ¿ Lo apagué?...si? lo apagué?", ademais a felicidade e puro materialismo que se pdoe comprar ( un xeado, por exemplo), e a ignorancia é algo moito máis fácil de conseguir ( neste mundo por exemplo), pero o certo é que todo é mentira, e o máis certo non é máis que pinocho volveu a sonreir no país das maravillas.

domingo, 7 de junio de 2009

A LIBRETA DAS PALABRAS ( I )


A verdade e que a ignoracia no mundo prevalece sobre a intelixencia. No fondo de cada ser humano, encontramos o que ninguen quere ver, a verdade que máis o apena e que máis o leva a derrumbarse.

Pero de súpeto saben que, ainda por sentirme mal, pouco a pouco vanse levantando grazas os apoios dos seus seres queridos, eses que na vida son tan esenciales para chegar a felicidade.

Nembargantes, moita xente non ten esa xente o seu carón, non ten o pracer que se sinte cando alguén dache unha aperta ou tan só cando alguén che di "quérote". Já, pero eu riome da prepotencia que hai no mundo, riome das causas qeu fan sentirse a moita xente inútil, riome da xente que sobreexplota a outra por meras cuestións económicas, e riome por que non quero chorar, por que alguén algun dia contemplarase diante miña, e dirame de verdade " oxalá existiran persoa coma ti no mundo", pero non, non vai ser así, hai un 0.1 de posibilidades de encontrar a verdadeira felicidad, e un 99.9 de non encontrala xamais, pero as veces ese 0.1 pode ser máis grande co 99,9.

E despertareime outro días máis cun vacio existencial, co non saber que lugar ocupas nun mundo cruel, de dereitas extremas, e onde os menos necesitados gastamos ata máis non poder, ( causa da crise) e nas que as persoas que ti creias que serian as tuas compañeiras toda a tua vida, non son máis que reflexos nun charco, nunha tarde de choiva. [...]

sábado, 6 de junio de 2009

1º PARTE/ REFLEXIÓN NO ATARDECER


Ninguén xamais, foi capaz de expresar todo o que lle ocurreu na vida. Así é. Ninguén, puide decir todo o que pensaba nun segundo, nin ninguén puido decirlle o cariño que sentia a todos os seus seres queridos. Pode ser que dentro duns anos non me lembro do que escribo asi por que si, seguramente mañan xa non me acorde, e posiblemente as cousas mañan o despertarme as vexa doutra maneira distinta. O certo é que escribo por ratos, nos ratos nos que a soidade enche a miña habitación e nos momentos nos que necesito máis que nunca unha campañia o meu carón.

O certo e que grazas as persoas que están ahi sempre ( meus amigos) vas aliviandote pouco a pouco, pero tamén é certo que nunca encontras o teu destino senón buscas unha alternativa diferente.

De verdade, intenteino, pero vinme abaixo, e houbo días nos que ia para o meu rincón, onde o sol ponse e onde as gaivotas reflexanse na auga cristalina e azul, e ali pensaba sobre que tiña que facer, pero que o final non fas.Certo. Certo tamén que a choiva molla. Certo. Pero tamén é moi certo que a escuridade non fala.Certo. [...]

viernes, 5 de junio de 2009

Espero que este tema este solucionado xa, senón pronto volveremos as andadas

GALIZA


Pois non sei moi ben o por que desta actulizacion...pero hoxe sintome mais galego ca nunca... o mellor pode ser da grandes doses de nacionalismo que tiven...ou por ver videos en youtube...pero sinceramente estou orgulloso de ser o que son...


por que sempre fomos os mais descriminados?...sempre foi asi..galiza nunca tivo o que se mereceu, nunca foi valorada como ten que ser..nunca soubemos o que era unha terra con privilexios..nada, ninguén nos dou nada nunca, nadie moveu nada para que galiza fose unha como as demais...todo o que temos en galiza..todo o que pasamos foi graza os galegos...a nos.. nos fomos quen construimos esta terra, galiza é galega é nosa... sempre nos descriminaron..dende seculos fomos para os demias xente de menosprecio..sen privilexios...sen nada...pero sabedes que lle digo eu a esa xente.... GALIZA É CEIBE...ninguen nos pode quitar o que é noso..ninguen sabe o que de verdade e Galiza coma nos...cantas catastrofes tivemos? e ninguen soubo que facer...nin politicos nin ninguen..os galemos fomos quen estivemos a limpar as praias cas nosas mans, nos fomos quen estivemos dia e noite apagando o lume dos montes..nos fomos quen despois de anos estamos recordando o que pasou en galiza e o que fixeron por nos os españoles...nos manifestamonos para que isto non volva ocurrir...até o mais tonto de galiza sabe codiar a sua nacion...xa o dicia Castelao...xa o dician moitos dos nacionalistas que loitaron por sta terra...nos somos galegos...a morte cubriu as nosas praias e montes pero nos lle demos vida outra vez...os españoles non saben o que somos...


e acabo isto dicindovos:

morrerei GALEGO e non español

miércoles, 3 de junio de 2009

martes, 2 de junio de 2009


Pasei días, noites explorandote, sabendo o que ti podias chegar a ser, nada máis entender ó por qué, achegaches a túa man a miña cara, esa caricia foi a que nun momento fixo que non soubera onde estaba.

Por moito que o mundo dea voltas e voltas endexamais deixará de ser iso, o mesmo de sempre, o MUNDO

Primeira entrada

- ¿ que pretendemos hacer ?

- la respuesta es: pretendemos comprender