domingo, 4 de noviembre de 2012

Ballad.

Nunca pensachedes en crecer, en sentir como o vento move o teu cabelo? Nunca pensaches en que, vivimos nun mundo sobrevalorado, no que creemos que somos os mellores, e en realidade non somos máis que un pequeno escalón, nunha vida nula, repleta de alti-baixos, de negacións, de sorpresas, de sonrisos e choros.

O que máis mérito ten, non é ter máis estudos que nadie, non é ter máis capital que os demáis, nin ter unha vida que ti consideras feliz, porque en realidade, por calquera razón, non sabemos sonrir, non sabemos disfrutar dunha vida repleta de vicios, de cousas inútiles. 

Sabes cal é esa sensación de axudar o próximo e non mirar por ti mesmo? Non verdade, non. Quizais, un é máis feliz cando un non ten nada máis, ca súa familia, e a súa comida. Ou simplemente, un é feliz, vendo como o que non ten nada, ainda que chova por enriba del, ainda que a guerra lle leve aos seus, nunca borra da súa cara, ese sonriso, esa clara evidencia de que, ainda que sexa poucos, neste mundo do sobrevalorado, facemos algo, para que unha vez, depositados nunha caixa, non sexamos máis que aquel puro recordo de unha boa persoa cos seus, senón, será aquel, como o que con tan pouco, axudou a tantos e sempre tivo o sonriso na súa faciana. 


miércoles, 24 de octubre de 2012



Ainda que esteas entre catro paredes, e nun caixa. Parabéns!
Espero que se hai "algo" che trate mellor que os de aquí abaixo.

E grazas...

lunes, 1 de octubre de 2012

Sempre dixen, recibimos máis da natureza, do que nos lle damos, e iso vainos costar perder cousas como istas. A reflexión queda no aire.

domingo, 30 de septiembre de 2012

FOTO: KELY TORRES VELO

Fai uns días, adentreime nas terras do norte, Finland foi o meu destino. Quizais, cando vas a outros lugares onde tes a xente que queres, as cousas son máis fáciles, máis sinxelas, pero no meu caso, todo foi o dobre de fácil. Sentinme como na miña casa, natureza, rios, auga, peixes,compaña agradable, e máis natureza. 

Poderedes pensar que é todo diferente, que Hispania é moito mellor que eses países, pois para os que pensen iso, doulles unha labaza. Oxalá fóramos a mitade de intelixentes, ( socialmente ) ca eles.

Quedei fascinado, un país tranquilo, xenial para perderse, para desaparecer, e para olvidar. 
Recordei moitas cousas, mentres vas nese avión, 5h que dan para pensar o que che sucedeu nesta vida, pero o unico que podo sacar disto, é que eu sigo adiante, que a xente que esta o meu carón axudame a ir cara adiante, e que seguramente volva a tropezar, pero, como na foto sae, sabes onde está o principio da túa viaxe, pero non ves o final, e quizais, son unha desas cousas que nunca veremos.

Sen dúbida, o meu viaxe, comenzou, cun principio pero sen un fin.

PD: Grazas Kely, por todo e máis.

domingo, 16 de septiembre de 2012

lunes, 3 de septiembre de 2012


Logo de ver a última data publicada no blog, dinme de conta que algo estaba fallando. Intentarei retomar pouco a pouco, algo que me fai tan feliz como escribir. 

Sen dúbida, non foi un verán fácil, bueno, non foi verán. 
O único que me queda pensar, é que se fai case dous meses, "el" se pagaba, no outro lado, seguro que estará mellor. 

Sen máis, pouco a pouco retomarei as verbas neste blog.

Saude!
- Escoitas?
- Non


E asi, durante anos. Non queria ver máis do que tiña diante. Foi algo que non o asimilaba na súa testa. Él estaba a un lado do charco, e súa terra, súa temperanza, o seu ser, noutro lado.

Que debía facer? Seguir aqui, vivindo polos seus fillos, pola súa muller, polos seus, pola súa terra . E que lle quedaba?, nada, noite e día traballando, e escribindo cartas húmidas debido as súas bágoas.

Era no 1945, e todo era mellor noutro lado que na propia terra.

( case o mesmo que hoxe en día)

Memorias dun emigrante galego