martes, 13 de marzo de 2012

Liberdade.

Fai uns días a asociación, cuxo nome non se pode nomear ( G.B ), denunciou ao valedor do pobo, máis a Xunta de Galicia, un manifesto, presentando polos rapaces de 4º da E.S.O de Pontecesures, por supostamente ( palabras xenófobas) contra os que non falan galego. Perdoenme, pero alguén me pode decir para que existe esta organización? Síntome, orgulloso, como rapaces de apenas 16 anos, sintense galegos até o sangue, como o manifestan nun pequeno texto, con fins participativos, coa mera proposta de gañar un concurso. Pero ata que punto podemos chegar, señora G.L, se usted se sinte galega, que fai denunciando a uns rapaces, por decir o que sinten? Volvemos a censura? Logo criticamos a paises de américa polo feito no que aquí, os xornais aplaudense entre sí, como gañadores, pero equivocadesvos, ou a caso Castelao deixouse gañar polo fachendismo Español? A caso pensa vostede, señora G.L que imos a votar a basura o noso estatuto de autonomía?

É penoso, señores, que G.B denuncie a rapaces, sigo repetindo, de apenas 16 anos por escribir un manifesto ao Correlinguas. E asegurovos, xa que eu fun alumno dese mesmo centro, que o profesor de Lingua Galega, nin impón ideais, nin reflexa os seus valores a clase, cada alumno xa é quen de pensar por sí só, e de expresar o que pensa.

Aquí vos deixo uns enlaces da noticia.

E aquí o manifesto do C.P.I de Pontecesures :  Buscamos, buscamos, buscamos cousas que nos traian a felicidade: coches, pisos, prazas de garaxe, negocios… enchen os anuncios por palabras dos xornais.
Pero nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo. Buscamos que as fronteiras de Galiza as poña o galego. Preferimos unha persoa do Bierzo que fale o idioma a unha de aquí que non o fale. Non se é máis galego por vivir na Coruña se logo se fala o idioma de Castela. Deixade de presumir de algo que nin vós respectades. Todos vós, os que subides fotos reivindicativas ao tuenti, nin vos decatastes cando pechou Galicia Hoxe. Ser galego non é ler La Voz de Galicia nin ver a TVG. Ser galego significa que buscaches e atopaches a túa identidade. Galiza non é representada por unha catedral, unha muralla ou torre. A Galiza represéntaa un idioma co que escribiron ensaios, poemas, artigos e ata incluso anuncios por palabras. Desexamos abrir un día o xornal e atopar anuncios coma estes:

SERVIZOS 
A mellor vidente de tarot de Galiza.Máis de doce séculos de experiencia. Especialista en: fonética, morfoloxía e léxico. Visítanos en R/ Percebe, nº 24. 
COMPARTO PISO 
Búscase univeritari@ que se queira aloxar nun piso de galego-falantes. Aviso: somos de moitas partes de Galiza e falamos diariamente galego. 
FINANZAS Arréndase idioma. Prezo razoable e negociable, usable en todas as formas e ámbitos. Con garantía ilimitada. 
Precisas un idioma? Nós temos o que buscas. Está en boas condicións, sinxelo de adquirir e comprender en toda a nación. Resposta en 24 horas. 
OCIO 
Divírtete co galego provocador do manifesto “Máis Alá”. Mergúllate nun mar de gozo. 
SEGUNDA MAN 
Véndese equipo de música Vacaloura, perfecto para escoitar Heredeiros da Crus, moi ben coidado. Prezo razoable dependendo do galego que saibas falar. 
DETECTIVES 
Perdinme. Búscame. Chámome galego. Encóntrame, fálame e gózame.
POLO TANTO,

Entra en Jujel, vaite a PISOS VENDA, merca Galiza.
Vaite a PISOS ALUGUER, aluga Galiza.
Vaite a NEGOCIOS, negocia Galiza.
Vaite a MOTOR, compra un Galicoche.
Vaite a OCIO, goza Galiza.
Vaite a NÁUTICA, padexa Galiza.
Vaite a Galiza, adora galego
Adórate, adóranos.
Se feliz: GALEGO, TODO O QUE BUSCAS

OS MUXES RADIOACTIVOS

Pediria o apoio de todos os meus lectores, os que se sintan galegos claro.

Sen máis.