Mostrando entradas con la etiqueta social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta social. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2009

MEMORIA HISTÓRICA ( PARTE I )

Memoria historica.

Dialogo de la mejor pelicula de los hermanos Marx, "Sopa de Ganso" humor absurdo, pero siempre interesante.



¿No comprende lo que intento decirle? La amo…



Mrs. TEASDALE
: Como presidenta del comité de recepción, le doy la bienvenida con los brazos abiertos.

Mr. FIREFLY: ¿Sí? ¿Y hasta qué hora los tiene abiertos?

TEASDALE: He apoyado su nombramiento porque considero que es usted el consejero más capacitado de Freedonia.

FIREFLY: Es un concepto bastante amplio… Y usted también es bastante amplia. Sará mejor que se largue, he oído que van a construir unas oficinas donde está usted… Se puede ir en taxi, si no consigue uno, se puede ir indignada, y si es pronto váyase dentro de un minuto. ¿Sabe que no ha dejado de hablar desde que he llegado? La habrán vacunado con la aguja de un tocadiscos…

TEASDALE: El futuro de Freedonia depende de usted… Prométame que seguirá fielmente los pasos de mi marido.

FIREFLY (a cámara): ¿Qué les parece? No llevo ni 5 minutos en el cargo y ya se me está insinuando…

FIREFLY: No es que me importe, pero, ¿dónde está su marido?

TEASDALE: Oh, ha muerto…

FIREFLY: Seguro que sólo utiliza eso como excusa…

TEASDALE: Estuve con él hasta el final.

FIREFLY: No me extraña que falleciera…

TEASDALE: Lo estreché entre mis brazos, y lo besé.

FIREFLY: ¡Entonces fue un asesinato! ¿Se casaría conmigo? ¿Le ha dejado mucho dinero? Responda primero a lo segundo.

TEASDALE: Oh, me dejó toda su fortuna.

FIREFLY: ¡No me diga? ¿No comprende lo que intento decirle? La amo…

TEASDALE: Oh, excelencia…

FIREFLY: Usted tampoco está mal…

sábado, 6 de junio de 2009

GRANDE


Creo que tardei moito, moito en dedicarlle a este home todo o que fixo, soubo dar a sociedade do momento a esencia que lel faltaba, o seu grupo Nacha Pop puido ser un dos mellores da sua época.
Foise un grande, o mais grande, unah enfermidade o destrozaba por dentro, pero el nunca se veu abaixo, sempre sobriviviu polas suas cancións, endexais, morrerá, el seguira presente nas suas cancións,

Morreu un grande, pero sempre seguirá vivo


Acabo cuns versos seus :

"Me asomo a la ventana, es la chica de ayer,
jugando con las flores de mi jardin
demasiado tarde para comprender
mi cabeza da vueltas eprseguiendote"

viernes, 5 de junio de 2009

O conflito do metal radicalízase


O conflito do sector do metal da provincia de Pontevedra, que reclama un convenio colectivo cunha subida salarial de polo menos o 4%, radicalizouse onte cun durísimo enfrontamento nas rúas de Vigo entre os traballadores e as forzas antidisturbios. As escaramuzas dos operarios iniciáronse en diversos puntos da cidade ás dez da mañá. Trataron de facerse fortes no Concello de Vigo, na estación marítima da cidade -coincidindo coa escala do megabuque Independence of the Sexas - e nun centro comercial na zona central do litoral urbano, pero as forzas de orde pública impedírono.

As cargas policiais e as carreiras foron frecuentes durante toda a mañá. A policía volveuse tola con tantas frontes abertas. A xornada foi o mellor exemplo dunha guerra de guerrillas. Varios colectores queimados e centos envorcados (11 e 150, respectivamente) infestaban as rúas, ademais de centos de valos procedentes das obras. Miles de cidadáns tiveron que sortear durante toda a mañá estes enfrontamentos. Iso sen contar que o transporte urbano estivo suspendido durante horas, despois de que antonte os manifestantes queimasen parcialmente un autobús.

Guerrilla urbana

Ao final da mañá, sobre as 12.30 horas, os traballadores e as forzas antidisturbios libraron a batalla máis violenta, non só desta folga, senón tamén das dúas convocatorias anteriores. Foi, como sempre, na zona cero , é dicir, nos arredores do estaleiro Fillos de J. Barreiras, o maior de toda a ría. Violentos enfrontamentos que terminaron ao cabo dunha hora. Uns 150 policías contra uns 500 irredutibles. Foi unha intensa choiva de parafusos, pezas de aceiro, tracas e petardos, ademais de colectores en chamas e barricadas con lume para cortar o tráfico na zona do litoral da cidade. A resposta foi unha masiva choiva de pelotas de goma e de botes de fume. Estes gases produciron graves irritacións de ollos e dificultades respiratorias aos que se atopaban na zona do conflito.

Pero o intenso acoso policial non logrou os froitos desexados e, ao final, os axentes retiráronse, mentres os folguistas celebraban o seu v ictoria . Varios centos de traballadores fortificáronse no perímetro do estaleiro con palés, empregando ramplas de lanzamento a base de láminas de madeira para dirixir as tracas impulsadas por vainas de pólvora. Tras 40 minutos cercando as instalacións de Barreiras, algúns axentes chegaron a comentar aos seus mandos que estaban esgotando a munición.


Educación presenta o cuestionario que responderán as familias sobre as linguas


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou o cuestionario que recibirán os pais ou titores de 330.000 alumnos galegos para pronunciarse sobre as súas preferencias respecto ao uso dos idiomas oficiais no sistema educativo galego. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, dixo en rolda de prensa que este cuestionario sobre o idioma será o «punto de partida» para derrogar o decreto actualmente vixente e para elaborar o novo.

Vázquez Abad, que estivo acompañado na rolda de prensa polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez, indicou que a iniciativa de levar a cabo esta consulta sobre o uso do idioma no sistema educativo servirá para «superar a conflitividade xerada» ao redor deste asunto.

Así mesmo, o titular de Educación puxo especial énfase ao indicar que a opinión que os pais ou titores dos alumnos expresarán no cuestionario terá especial peso á hora de elaborar a nova norma, que entrará en vigor previsiblemente no curso 2010-2011.

Ademais, sinalou que unha vez coñecido o resultado do cuestionario e elaborado o borrador do novo decreto, contarase tamén coa opinión das forzas políticas, dos sindicatos e dos docentes. «Primeiro escoitamos, e os pais, as familias e os escolares van falar; e despois de que falen, eses comentarios e esas opinións serán tidas en conta como punto de partida para o novo decreto», manifestou o conselleiro.

Segundo explicou Vázquez Abad, a consulta será secreta, terá carácter voluntario e unha vez cuberta entregarase no centro educativo do alumno con data límite o día 19 de xuño. Ao longo da semana que vén as enquisas chegarán a todos os centros escolares da comunidade autónoma de Galicia e entregaranse aos alumnos, que á súa vez as farán chegar aos seus pais ou titores. Vázquez Abad expresou o seu convencemento de que a participación dos pais neste cuestionario vai ser moi alta.