Alguns non pagarian nada por velo,pero eu paguei 150 €,
e salin impresionado con el.
QUE GRANDE ES!


Guerrilla urbana
Ao final da mañá, sobre as 12.30 horas, os traballadores e as forzas antidisturbios libraron a batalla máis violenta, non só desta folga, senón tamén das dúas convocatorias anteriores. Foi, como sempre, na zona cero , é dicir, nos arredores do estaleiro Fillos de J. Barreiras, o maior de toda a ría. Violentos enfrontamentos que terminaron ao cabo dunha hora. Uns 150 policías contra uns 500 irredutibles. Foi unha intensa choiva de parafusos, pezas de aceiro, tracas e petardos, ademais de colectores en chamas e barricadas con lume para cortar o tráfico na zona do litoral da cidade. A resposta foi unha masiva choiva de pelotas de goma e de botes de fume. Estes gases produciron graves irritacións de ollos e dificultades respiratorias aos que se atopaban na zona do conflito.
Pero o intenso acoso policial non logrou os froitos desexados e, ao final, os axentes retiráronse, mentres os folguistas celebraban o seu v ictoria . Varios centos de traballadores fortificáronse no perímetro do estaleiro con palés, empregando ramplas de lanzamento a base de láminas de madeira para dirixir as tracas impulsadas por vainas de pólvora. Tras 40 minutos cercando as instalacións de Barreiras, algúns axentes chegaron a comentar aos seus mandos que estaban esgotando a munición.
