jueves, 14 de octubre de 2010

Cambio radical

A fiestra seguia aberta. Con moito tino, asomacheste, pouco a pouco, e que viches? Viches o pasaixe que che rodea, uns grandes carballos verdes, unhas cantas flores florecentes, a fauna da tua terra, unha fervenzas belisimas, onde ti, vas a sentirte ben, a olvidarte dos problemas.

A isto todo, son as 9 da mañan, alguén polo miudo diche que deberias durmir, pero non, levantaste e visteste. Que maravillosa vista, increible, espetacular, e pensas: " Si, isto parecese a miña terra, miña Galicia. Lástima que eu estea aqui, emigrada, como facían os meus pais e avós".

Cada día, a mesma rutina, vestirse, traballar e volver cansá a casa. E todo isto porqué? Porque teñen que buscarse a vida pola súa familia, que tanto a vota de menos, a miles de kilómetros. Aprendeu a ser feliz así, quizais non volva nunca máis a súa terra, quizais o faga como o fixo Castelao, longo de verse obrigado a emigrar, volveu nunha caixa de roble, cunha bandeira de Galicia, e con milleiros de persoas que o querian despedir, o que fora o noso monarca.

Pois ela quizais volva asi, ou quizais quede alá olvidada, o longo do tempo, polos seus familiares.


Dedicado a todos os emigrantes que nunca volveron, pero que sentiron ese sentimento da terra nos seus corazóns.

No hay comentarios: