domingo, 30 de septiembre de 2012

FOTO: KELY TORRES VELO

Fai uns días, adentreime nas terras do norte, Finland foi o meu destino. Quizais, cando vas a outros lugares onde tes a xente que queres, as cousas son máis fáciles, máis sinxelas, pero no meu caso, todo foi o dobre de fácil. Sentinme como na miña casa, natureza, rios, auga, peixes,compaña agradable, e máis natureza. 

Poderedes pensar que é todo diferente, que Hispania é moito mellor que eses países, pois para os que pensen iso, doulles unha labaza. Oxalá fóramos a mitade de intelixentes, ( socialmente ) ca eles.

Quedei fascinado, un país tranquilo, xenial para perderse, para desaparecer, e para olvidar. 
Recordei moitas cousas, mentres vas nese avión, 5h que dan para pensar o que che sucedeu nesta vida, pero o unico que podo sacar disto, é que eu sigo adiante, que a xente que esta o meu carón axudame a ir cara adiante, e que seguramente volva a tropezar, pero, como na foto sae, sabes onde está o principio da túa viaxe, pero non ves o final, e quizais, son unha desas cousas que nunca veremos.

Sen dúbida, o meu viaxe, comenzou, cun principio pero sen un fin.

PD: Grazas Kely, por todo e máis.

domingo, 16 de septiembre de 2012

lunes, 3 de septiembre de 2012


Logo de ver a última data publicada no blog, dinme de conta que algo estaba fallando. Intentarei retomar pouco a pouco, algo que me fai tan feliz como escribir. 

Sen dúbida, non foi un verán fácil, bueno, non foi verán. 
O único que me queda pensar, é que se fai case dous meses, "el" se pagaba, no outro lado, seguro que estará mellor. 

Sen máis, pouco a pouco retomarei as verbas neste blog.

Saude!
- Escoitas?
- Non


E asi, durante anos. Non queria ver máis do que tiña diante. Foi algo que non o asimilaba na súa testa. Él estaba a un lado do charco, e súa terra, súa temperanza, o seu ser, noutro lado.

Que debía facer? Seguir aqui, vivindo polos seus fillos, pola súa muller, polos seus, pola súa terra . E que lle quedaba?, nada, noite e día traballando, e escribindo cartas húmidas debido as súas bágoas.

Era no 1945, e todo era mellor noutro lado que na propia terra.

( case o mesmo que hoxe en día)

Memorias dun emigrante galego

sábado, 1 de septiembre de 2012

Prólogo II

Na extrema penumbra, recordaba o solpor co que, detrás da porta, agochábase todo o que un día foi o meu pilar esencial. Como se, de plástico se tratase, veuse abaixo, e o pero de todo, é que eu fun detrás del.

Trataron de erguerme, unha e outra vez, pero non, eu non queria. Todo o que queria era volver a descansar. 
Por desgraza, volvinme a meter na escuridade. Non queria volver a ver a nadie, fixen todo o que puiden, dinlle fogar, agarimo, e madurez. Pero nadie me devolvou, nin un mísero abrazo, nin unha mísera verba, todo era ó revés, desprecio, noxo, e desesperación hacía min.

Hoxe é o día, e estou onde máis quero, ou onde de verdade tiña que estar dende un principio. Debaixo, entre paredes de cemento, madeira e oscuridade plena.

...