viernes, 29 de octubre de 2010

Recordasme a min. Esa mirada feliz, xoven e tan lonxana a vez. Nunca te abaixes, e deixes que fagan de ti o que queiran. Queres un oido que escoite todo o que dis? Chámame, terasme ao teu carón cada día, cada hora, cada minutos, e cada segundo. E porqué?...

Porque me recordas a min. Eu era así, loitador, reinvidicador, e algo sensíbel. Recomendoche unha pequena cousa, plantalle cara os problemas, pero nunca os trates de " ti a ti", estes son máis listos ca nós, e pronto nos dan por un sitio que sei eu.

[...]

Chámame, nunca é demasiado tarde para comenzar a vivir outra vez. Alá arriba, pode haber cobertura.

...

jueves, 21 de octubre de 2010

(II) Parte

O vello mariñeiro estaba alí, onda sempre, debaixo de esa arbore centenaria, que tantos temporais veu e sentiu a vez.

Nese mesmo día entrou un temporal na nosa terra, pero a el daballe igual. Estaba esperando aqua mancha gris negruzca que aparecia no horizonte.

Estaba alí sentando, mirando cara o que era o seu lugar de traballo, a sua vida, e a cal tantas vidas de amigos lle quitou. De alí a un intre, sentiu unha man no sue lombo, era o seu fillo. Este tamen comezara a investigar como eran esas noites embarcado e a sentir a morriña da sua terra, da sua moza, da sua familia.

Chegou o temporal, sentiase o ruído das ondas , sentiase a chuvia, e uliase ese ulor " seco".

Entón dixolle o pai o seu fillo " Vamos". Era hora de embarcar, de vovler loitar contra a natureza e traer o pan cada mañán para a súa casa.

Eran as 23.00 cando sairon de porto. Hoxe, todavia a súa muller e a súa moza os siguen esperando.

sábado, 16 de octubre de 2010

Vai por vós.

Hoxe vai, por eles, ou concretamente por el. Non sei, ao mellor vai por ela, ou por elas. o que quero decir, é que nunha carta aberta é moi fácil escribir todo o que de verdad queres escribir.

O teño que decir, estas noites matanme, pouco a pouco, pero matanme por dentro. Sei que teño que aprender a convivir asi, pero non, que daria eu agora por un vaso de auga ben fria, ou o contrario, por un vaso de auga ben quente. Sí, certo, son contradicción, pero tan falsas como certas.

Sinceramente, quizais ninguén se pare a leer esta " basura" a que eu denomino, pero dame igual, nadie podo ser libre sen chorar, sen reir, sen amosar os sentimentos e no meu caso sen escribir.

E sintome mal, por que estas noites son as que máis froitos, lingüísticamente falando, dan. Pero o peor, é que nelas, recordo o pasado, ese pasado que non debia volver ao meu presente.

O meu presente agora é isto, gustame, gustame que a xente pense, e volva a pensar sobre a súa vida. En realidade, estan nunha continua obra teatral, actos tras actos, pero cando deixen de finxir ese papel, veran de verdade o que é a vida, e o que se perden.

Hoxe vai por eles, por el, ou quizais por elas ou ela.

jueves, 14 de octubre de 2010

Cambio radical

A fiestra seguia aberta. Con moito tino, asomacheste, pouco a pouco, e que viches? Viches o pasaixe que che rodea, uns grandes carballos verdes, unhas cantas flores florecentes, a fauna da tua terra, unha fervenzas belisimas, onde ti, vas a sentirte ben, a olvidarte dos problemas.

A isto todo, son as 9 da mañan, alguén polo miudo diche que deberias durmir, pero non, levantaste e visteste. Que maravillosa vista, increible, espetacular, e pensas: " Si, isto parecese a miña terra, miña Galicia. Lástima que eu estea aqui, emigrada, como facían os meus pais e avós".

Cada día, a mesma rutina, vestirse, traballar e volver cansá a casa. E todo isto porqué? Porque teñen que buscarse a vida pola súa familia, que tanto a vota de menos, a miles de kilómetros. Aprendeu a ser feliz así, quizais non volva nunca máis a súa terra, quizais o faga como o fixo Castelao, longo de verse obrigado a emigrar, volveu nunha caixa de roble, cunha bandeira de Galicia, e con milleiros de persoas que o querian despedir, o que fora o noso monarca.

Pois ela quizais volva asi, ou quizais quede alá olvidada, o longo do tempo, polos seus familiares.


Dedicado a todos os emigrantes que nunca volveron, pero que sentiron ese sentimento da terra nos seus corazóns.

sábado, 9 de octubre de 2010

Fragmento

[...] Recordas o día ó cal nos coñecimos? Era o día máis branco que xamais vira, nubes brancas e ata as resacas das mareas eran máis brancas que nunc. Recordas cando estabamos sentados na area? Nunca antes sentinme tan anodado coa paisaxe, coa soidade que xa non existia no meu interior, e ca tua beleza ao resplandor do sol, pai da terra.[...]

- Entón, seria mellor marchar, ou volver a miña terra, ao meu lar, onde finou meus antepasados, e acabar eu como eles?
- Xulia, entendeo, ti non vas morrer, ti non vas pasar o que xa pasei eu. A porte da miña nai, foi un pau seco, xa estiven nun mar cheo de bágoas. Ti vaste a recuperar, e volveremos a aquela praia onde nos coñecimos.
- Non, Bernad, non, sabelo ben, estou morta dende fai anos, morta nos meus pensamentos, morta nos meus desexos...
- Non!! Non!! e Non!!. Ti conmigo renaceches de novo, non em decias iso sempre?
- Sí, é verdade, contigo volvin a sonrir, pero descubrin que xa fixen moito aqui, ti fixeches que meus ultimos dias fosen, os primeiros, os primeiros da miña vida real.
- Xulia...
- Barnad... Ti sabelo, e quero que o recordes, non por estar nun panteon, repleto de pedra, vouche olvidar.[...]

Logo de dáis sen durmir, sen comer, e incluso sen mexar, Barnad, volveu a aquela plaia de Porto do Son, naqueles pinares onde a vira por primeira vez, onde despuxera a darlle mitade dunha vida, que ela xa tiña apagada.[...]


Fragmento ...

lunes, 4 de octubre de 2010

Sinto, adeus.

Nunha completa oscuridade, prendeu unha vela. Levantouse paseniño, sen facer ruído, para que a sua muller non se despertase. Eran arredor das 4 da mañan, pero xa durmira suficiente. Colleu o seu "chandal" e dirixiuse a porta de atrás.

E ala se puxo a correr sen parar, ía pola sua rúa e via o despertar dos demais, como era distitno de seu, pero á vez tan igual.

Logo da seu matinal " paseo" volveu a casa, abriu a porta moi despacio, para intentar non despertar a sua muller. Pero nada máis abrila e pór os seus pés na súa casa, encontrou unha maleta xunta as escaleiras. El, moi anonizado, correu ata a cociña., alí estaba súa muller , sentada tomando un chocolate cunhas tostadas feitas no momento, e sen mirar para el, pero con bagoas nas meixelas dixolle sen máis: Sinto, adeus John.

El, cos ollos vermellos, con bágoas xa apunto de sair, foi a habitación do seu fillo, non o quixo despertar, pensaba que asi era mellor para todos, pero no fondo estaba equivocado.

Colleu a maleta, desfeito, hundido, e mirou para atrás, alí estaba ata que as 4 de esas noite fora a súa muller, non o miraba, nin sequera foi ata a porta a acompañalo. Abreu a porta, e saiu da casa, dos seus pasado e ata o que fora o seu presente.

Entón, xusto entón, comezou a chover, pero tamen a amencer, nese momentos descubreu que si, que os despertares dos demais non eran iguais o seu.

domingo, 3 de octubre de 2010

os domingos a chuvia

Cando me sentin por fin como un adulto, quitaronme todo o que me facia sentir ese sentimento. Da noite para a mañan, pasei dunha claridade indiscutible a unha oscuridade eterna. Non quixeron ofrecerme a liberdade que sempre queria. Intentaron romperme todos os meus senimentos., poideron pensar que o conseguiran, pero estaban equivocados. Externamente podia ser que nunca os expresa, pero interiormente seguia escribindo o meu propio libro, cun principio pero sen un final.

Nesta época descubrin que ti es un " algo" máis do sistema, un sistema vulnerable as accións inecuas, un sistema que o unico que pretendia era cabar contigo. Por un largo momento, o conseguiron, fixeronme despertar nunha caixa de madeira, sen luz, sen comida, sen soños. Pero logo despertei do meu gran pesadelo, pensei que todo ia ser outra vez unha claridade absoluta.

Nacin, e quixeronme oprimirme, pero o peor é que morrin, oprimido.