Cheiraba á néboa, se é que se pode ulir. Noite, un vento forte do nordeste e quiñentos corenta e catro quilometros da miña casa. Choraba, no máis fondo do seu corazón, choraba, sabía que non podería volver até a súa casa, senón fora por unha milagre, que até agora non viu.
Recordaba aos seus fillos, os cales non ía ver nunca máis, e eles a el tampouco. Foi un ir e non vir, tiña que facelo, as cousas non estaban para quedar na casa a mirar para as moscas. A súa muller dicialle que buscase traballo, arre demo, foi encontralo e acabar no fondo do mar, e agora penso, non sería mellor despertarse deste pesadelo e volver a intentar buscar traballo?
Non, non era un sono, era a súa propia historia, a historia do seu fin, da súa morte. A pena, é que os seus fillos tiñan 1 e 2 anos. Nunca se acordaran de min.
sábado, 6 de agosto de 2011
viernes, 5 de agosto de 2011
Pequeno manifesto a prol da minha cultura.
Dende pequenos, todos son trabas, asegurovos que se tivera con 3 anos capacidade de dicisión propia, querería falar en Galego, o idioma da patria, o idioma de Castelao, de Rosalia, de Cunqueiro, eles decidiron expresar todo o que sentían no idioma propio da terra, e non no que, por moitos anos, intentaron impoñernolo. Dende que eles comezaron a escribir até hoxe en día, non cambiaron moitas cousas. Parece que estamos contentos perdendo a nosa cultura, a nosa vida, a nosa forma de ser, a nosa lingua. Pensade durante un minuto, senón falásemos outra lingua, estariamos onde estamos hoxe? Os celtas serían a nosa descendía? Quizais nin sequera este sentimento que agora añoro da sociedade galega, nunca existiria, estariamos en contra dos " nacionalimos", cando sabedes que ao fin e o cabo España, está dividida en diferentes nacións.
Leendo os antigos e tan actuais libros de Castelao, Casares e Cunqueiro, doume de conta, que isto non rematou, que se algo é típico dos galegos, é que nunca nos rendimos, que loitaremos polo noso idioma, pola nosa cultura até que esteamos debaixo dun montón de terra. Ao mellor politicamente falando, algo ten que cambiar no seo dun partido nacionalista para que todo vaia ben, para que Galiza esté onde se merece.
Solo vos digo unha cousa, estudiaredes todos os libros que non poderedes imaxinar, pero nunca chegaredes a saber tanto da vosa propia lingua, como o facedes a utilizala día a día.
Espero que Castelao e demáis camaradas estean felices de saber que o seu espiritu Galeguista non esbaneceu, é máis, está, como dita época, en "Rexurdimento".
Non perdades a fala, senón xa non seredes ninguén.

jueves, 4 de agosto de 2011
ESCOITA(me)
Sabías que o insolente nunca che ía dicir o que tiñas que facer, sabías que a inmortalidade non era real, sabías que por moitas veces que dixera que non, ti, ías dicir que sí, ias chorar e se cadra, algunha vez poderías sonrir, pero claro ti non naciches aprendido, ti non eras quen de saber nada ata que cho dixeran.
Sabías que sí, que a terra xiraba sobre si mesma, sabías que as augas caian do ceo, e non da terra. Sabías que tan de protno, iaste por sonrroxado. Viches mares, moi bravos, viches rias, demasiado calmas. Tamén viches que nas illas a vida emerxe por sí soa, viches nacer gaivotas, pero tamén viches morrer ao teu mellor amigo, e ti que ías facer senón sabía o que facer non?
Verás que os teus fillos non poderan respirar, non poderan beber a auga que ti bebes, e todo porque vós, non sabedes coidar do que tedes, pero claro como vamos morrer antes. Sabías que ao chorar a xente íache falar, pero non te deches de conta que o mar quitache o que é teu, e quizais nunca cho devolve, atreviches a domalo, pero nunca fuches capaz, e sobre todo, sabía que podías caer unha e outra vez, pero non sabías, que se o fas é para volver a levantarte unha e outra vez.

domingo, 31 de julio de 2011
VOLTAR.
Do frio terrible, pasei ao cálido solpor do luar. Incrédulo, sí, foi como quedei, parecía tal, que nunca souben en que me convertera. Sentado naquela terraza, a pé de praia, escoitaba as gaivotas pelear pola súa comida, aos turistas discutir se aquí facía máis calor ou menos que no seu lugar de orixe, e o meu subconnciente decirme que ese non era o meu lugar. Levantarme? Demasiado vago para facelo, non máis que porqué tiña o meu café con xeos en fronte miña sen rematar. E cal foi a miña intención? Pois acabei o café con xeos e levanteime, tranquilamente, saboreando con ledicia o último sabor doce que tiña no meu padar. Cando cheguei ao pé da praia, sentíame, ben, como un páxaro sen fame, metinme na auga, pouco a pouco, sen pensar no que despois podía pasar, sen escoitar os estranos gritos das persoas da plaia, sen pensar.
Setinme feliz por un momento, momento no que abrin os ollos, e no que non vin nin o azul do ceo, nin o branco da auga, ahí, nese momento a miña felicidades, os meus sentimentos de alegría viñéronse abaixo, tan abaixo como me atopaba eu, no fondo do mar.
lunes, 11 de julio de 2011
sábado, 11 de junio de 2011
choraches, durante horas, pero o tiñas merecido, nunca foi a muller que eu quería... Pero que dis gandul?- Ti nunca fuches o que ela queria...Matachela, nunca fuches ninguén nesta vida, oxalá morras, desaparezas e nunca máis vivas... pero ainda así sigues aqui, na miña memoria, nunca desapareceches, nunca choraches, ou si?, creo que sí, máis ca mi nesta vida. Mereceches ser felix, eu nunca o facilitei, ti eras o todo, eu fun o nada. Adeus, meu amor... Adeus.
jueves, 26 de mayo de 2011
Todo hola, ten o seu adeus.
E de pronto, chegou o meu despacho. Non dixo nada, sabía tan só que significaba esa mirada. Viña, case, chorando, pero non dixo nada. Necesitaba axuda, meu gran amigo necesitaba axuda. Díxome, que debido a circunstancias da vida, non podía estar máis así. Quíxeno axudar, inviteino a entrar no meu coche, el xa sabía a onde o levaba, pero non puxo resistencia.
Logo de 1h de camiño, chegamos, de ese momento, tan só teño dous recordos, cando baixou do coche, e cando non o volvin a ver logo daquela porta, escura e vella.
Pasados 3 anos, todo cambiou, quixen volver a ver o meu amigo, sabía, ou iso quería intentar soñar, que él ía ser o mesmo que me enseñou de pequeno o que era a palabra diversión, pero non foi así, porque o meu subconciente engañoume.
Sí, logo de 3 anos sen ver o meu mellor amigo, volvino ver, pero para quedar eu tamén, detrás de aquela porta escura e vella. Tiña cancro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)