sábado, 6 de agosto de 2011

Almorzo ao despertar.

Cheiraba á néboa, se é que se pode ulir. Noite, un vento forte do nordeste e quiñentos corenta e catro quilometros da miña casa. Choraba, no máis fondo do seu corazón, choraba, sabía que non podería volver até a súa casa, senón fora por unha milagre, que até agora non viu.


Recordaba aos seus fillos, os cales non ía ver  nunca máis, e eles a el tampouco. Foi un ir e non vir, tiña que facelo, as cousas non estaban para quedar na casa a mirar para as moscas. A súa muller dicialle que buscase traballo, arre demo, foi encontralo e acabar no fondo do mar, e agora penso, non sería mellor despertarse deste pesadelo e volver a intentar buscar traballo?


Non, non era un sono, era a súa propia historia, a historia do seu fin, da súa morte. A pena, é que os seus fillos tiñan 1 e 2 anos. Nunca se acordaran de min.

2 comentarios:

Concha L. F. dijo...

Sinxela maneira de reflictir unha realidade que non nos é allea.
Parabéns polo texto e polo blogue.

Dani dijo...

Moitas grazas. Quizais nestes tempos, o unico que nos queda e intentar rexurdir un idioma, un todo, dendo o máis sinxelo e cotiá, como é agora a Internet.

Saúdos!