jueves, 26 de mayo de 2011

Todo hola, ten o seu adeus.

E de pronto, chegou o meu despacho. Non dixo nada, sabía tan só que significaba esa mirada. Viña, case, chorando, pero non dixo nada. Necesitaba axuda, meu gran amigo necesitaba axuda. Díxome, que debido a circunstancias da vida, non podía estar máis así. Quíxeno axudar, inviteino a entrar no meu coche, el xa sabía a onde o levaba, pero non puxo resistencia.

Logo de 1h de camiño, chegamos, de ese momento, tan só teño dous recordos, cando baixou do coche, e cando non o volvin a ver logo daquela porta, escura e vella.

Pasados 3 anos, todo cambiou, quixen volver a ver o meu amigo, sabía, ou iso quería intentar soñar, que él ía ser o mesmo que me enseñou de pequeno o que era a palabra diversión, pero non foi así, porque o meu subconciente engañoume.

Sí, logo de 3 anos sen ver o meu mellor amigo, volvino ver, pero para quedar eu tamén, detrás de aquela porta escura e vella. Tiña cancro.

No hay comentarios: