viernes, 5 de agosto de 2011

Pequeno manifesto a prol da minha cultura.

Dende pequenos, todos son trabas, asegurovos que se tivera con 3 anos capacidade de dicisión propia, querería falar en Galego, o idioma da patria, o idioma de Castelao, de Rosalia, de Cunqueiro, eles decidiron expresar todo o que sentían no idioma propio da terra, e non no que, por moitos anos, intentaron impoñernolo. Dende que eles comezaron a escribir até hoxe en día, non cambiaron moitas cousas. Parece que estamos contentos perdendo a nosa cultura, a nosa vida, a nosa forma de ser, a nosa lingua. Pensade durante un minuto, senón falásemos outra lingua, estariamos onde estamos hoxe? Os celtas serían a nosa descendía? Quizais nin sequera este sentimento que agora añoro da sociedade galega, nunca existiria, estariamos en contra dos " nacionalimos", cando sabedes que ao fin e o cabo España, está dividida en diferentes nacións. 


Leendo os antigos e tan actuais libros de Castelao, Casares e Cunqueiro, doume de conta, que isto non rematou, que se algo é típico dos galegos, é que nunca nos rendimos, que loitaremos polo noso idioma, pola nosa cultura até que esteamos debaixo dun montón de terra. Ao mellor politicamente falando, algo ten que cambiar no seo dun partido nacionalista para que todo vaia ben, para que Galiza esté onde se merece.


Solo vos digo unha cousa, estudiaredes todos os libros que non poderedes imaxinar, pero nunca chegaredes a saber tanto da vosa propia lingua, como o facedes a utilizala día a día.


Espero que Castelao e demáis camaradas estean felices de saber que o seu espiritu Galeguista non esbaneceu, é máis, está, como dita época, en "Rexurdimento".


Non perdades a fala, senón xa non seredes ninguén.

1 comentario:

A Balbina dijo...

Se ben pode ser que ande rexurdindo algo, hai tantos tantos que fan or afogalo