viernes, 3 de septiembre de 2010

Venres, triste.


Venres. De madrugada, e todo se volve a repetir. Noite, oscuridade, desexos, incluso rencor. Agobio, pero non por estar encerrado, non por estar escoitando a mesma canción unha e outra vez, non, senon polo medo, medo a sentir e non expresar.

Digo por decir, pero é certo, sempre me gustaron as noites de setembro, noites con "algo" en especial, os atardeceres son distintos, eu diria que máis claros, e máis oscuros para min, para o meu interior.

E o agobio de onde ven? Pois si do meu interior, de vivir unha historia que é todo mentira, que non se lle pode chamar nin historia.

É boa hora para reflexionar, pero tamén para durmir, ou incluso para deitarse na plaia e ver como o meu interior sae cara afora en forma dun ceo estrelado.

No hay comentarios: