jueves, 30 de septiembre de 2010

Outono, ti si.

As noites chegaron, a chuvia volveu a esbarar pola miña ventá, e mentras tanto a soidade e a tristura volven a aparecer no meu rincón. Ainda que pareza mentira, esta época do ano é a que máis me gusta. Gustame percorrer o verde campo, mentras chove, mentras lostrega, mentras vexo nas gotas de chuvia alostregadas o meu futuro indeciso, oscuro e lonxano.

Nesta época todo ten máis maxia, as ruas molladas, os campos relucentes a causa das bagoas que alguén, dende arriba deixa caer pouco a pouco mentras nos caen nos nosas facianas.

E falando disto, recordo aquel rapaz, sentado na esquina do corte ingles, tocando mentras chovia, mentras todos querian chegar a casa e poder secarse, el queria seguir tocando a sua canción, queria que as suas bagoas se xuntase coa chuvia. Sentiase só, pero el bastabase para ser feliz, el e a sua guitarra. Pasei polo seu carón e quedeime mirando con gran orgullo, poderia estar na rúa, sen familia, pero para min, este rapaz era un campion, os que pasaban polo seu lado, eran os perdedores.

E isto sucedeu nesta época,. nunha época de luxo, de praias molladas por auga doce, praias especias, atrdes increibles que pasei nas plaias, e que se nada mo impide, volverei a encontrar a inspiración perdida no meu rincon da miña plaia favorita.

Dani Barral.

No hay comentarios: