domingo, 18 de octubre de 2009

A vida próxima


Remata outra semana máis, outro semana na cal é mellor estar fora da casa que dentro dela. Chegou o domingo e iso quere deicr que hai que volver a rutina e volver a Coruña, onde é onde paso o 90% do tempo, por unha parte ou por outro botoa de menos, xa que a playa moitas veces consolame, o choiva despexame e os amenceres fanse sentir ben.

Pasarei tarde vindo o solpor da noite, e pasarei tardes vendo como os estudantes pasean por coruña adiante.

Creo que esta semana será unha boa semana, dura, pero unha boa semana. Irei acompañado, que ven falta fai, pero tamen irei só, no sentido en que na vida tan só vives ti, e ninguén máis.

Remata outra semana, comeza outra mais, pero o importante é que os dias restanse, nunca se suman.

O tempo poñerá as cousas no seu lugar, neste caso, meu lugar é fora de aqui, e seguramente conmigo mesmo e nadie máis. Deseo marhcar no barco meses e meses, e volver e ver os meus amigos cambiados, a meu irman feito un home, ver que a miña compañeira de piso segue recordandome como fai 2 anos e que meus pais, embellecen belamente.

Queda pouco para facer iso, e seguramente no medio do mar será onde de verdade consigue a resposta a miña verdadeira vida.

PD: la vida puede ser maravillosa

No hay comentarios: