viernes, 16 de octubre de 2009

A Coruña

Tristemente, estou deixando a meu caderno e convertendo este blog no meu caderno persoal. Será bo? ou sinceramente será a miña perdicion? o tempo o dirá.

Gustame ver amanecer a cidade de Coruña, gustame si, por que as 7 da mañan o bus urbano é un cumulo de caras onde podes ver e sentir o que os demais sinten. Tamen é certo que mirando pola ventana ves o primeiro solpor, raro si, pero que che fai sentir ben, ves un ceo despexado e no medio unha lua e unha estrela. O incerto que debaixo desa estrela e desa lua, na parada do bus, veña ata xunta tua un vello, o pobre sen nada, na vida, enseñeche un periodico, o seu dni e coincidan o sue nome co do periodico, e que che diga que Rajoy o arruinou, e que a lei volveu a darlle a vida aquelo que un dia as malas pecoras lle quitaron.

O certo é que no bus das 7 da mañan, unha persoa vive de todo, ve e sinte como os demais volven ao traballo ou os studios despois dunha noite de festa, ves as mesma persoas todos os dias, os cales teñen que levantarse temprano para gañar o pan de cada dia. E ves como todos baixan e estan subordinados a ese autobus o cal é a sua salvacion, ainda que sexa durante 15 minutos.

No hay comentarios: