lunes, 12 de octubre de 2009

LADY BLUE

Moitas noites, a miña cobardia faime escribir nunha libreta que teño desde fai moito tempo, demasiado, onde todas as miñas experiencias se concentrar nunhas páxinas vellas e as cales eu lle teño cariño. O certo é que a miña guitarra produce musica para cada unha das paxinas escritas, para cada unha. Pero o meu in-valor non me deixa decir todo o que unha noite escribin nesa libreta, o que puxen de min, de ti, de nos, o que sentin esa mesma noite o escribir ou o que xamais volveria a facer. Son un home im-perfecto, non sei facer as cousas ben, non sei diferenciar o que é o ben do mal, non sei facer reir e tampouco sei facer entretener. Quizais se che coñecera uns anos antes ou despois, nada seria igual.

No hay comentarios: