Setinme feliz por un momento, momento no que abrin os ollos, e no que non vin nin o azul do ceo, nin o branco da auga, ahí, nese momento a miña felicidades, os meus sentimentos de alegría viñéronse abaixo, tan abaixo como me atopaba eu, no fondo do mar.
domingo, 31 de julio de 2011
VOLTAR.
Do frio terrible, pasei ao cálido solpor do luar. Incrédulo, sí, foi como quedei, parecía tal, que nunca souben en que me convertera. Sentado naquela terraza, a pé de praia, escoitaba as gaivotas pelear pola súa comida, aos turistas discutir se aquí facía máis calor ou menos que no seu lugar de orixe, e o meu subconnciente decirme que ese non era o meu lugar. Levantarme? Demasiado vago para facelo, non máis que porqué tiña o meu café con xeos en fronte miña sen rematar. E cal foi a miña intención? Pois acabei o café con xeos e levanteime, tranquilamente, saboreando con ledicia o último sabor doce que tiña no meu padar. Cando cheguei ao pé da praia, sentíame, ben, como un páxaro sen fame, metinme na auga, pouco a pouco, sen pensar no que despois podía pasar, sen escoitar os estranos gritos das persoas da plaia, sen pensar.
lunes, 11 de julio de 2011
sábado, 11 de junio de 2011
choraches, durante horas, pero o tiñas merecido, nunca foi a muller que eu quería... Pero que dis gandul?- Ti nunca fuches o que ela queria...Matachela, nunca fuches ninguén nesta vida, oxalá morras, desaparezas e nunca máis vivas... pero ainda así sigues aqui, na miña memoria, nunca desapareceches, nunca choraches, ou si?, creo que sí, máis ca mi nesta vida. Mereceches ser felix, eu nunca o facilitei, ti eras o todo, eu fun o nada. Adeus, meu amor... Adeus.
jueves, 26 de mayo de 2011
Todo hola, ten o seu adeus.
E de pronto, chegou o meu despacho. Non dixo nada, sabía tan só que significaba esa mirada. Viña, case, chorando, pero non dixo nada. Necesitaba axuda, meu gran amigo necesitaba axuda. Díxome, que debido a circunstancias da vida, non podía estar máis así. Quíxeno axudar, inviteino a entrar no meu coche, el xa sabía a onde o levaba, pero non puxo resistencia.
Logo de 1h de camiño, chegamos, de ese momento, tan só teño dous recordos, cando baixou do coche, e cando non o volvin a ver logo daquela porta, escura e vella.
Pasados 3 anos, todo cambiou, quixen volver a ver o meu amigo, sabía, ou iso quería intentar soñar, que él ía ser o mesmo que me enseñou de pequeno o que era a palabra diversión, pero non foi así, porque o meu subconciente engañoume.
Sí, logo de 3 anos sen ver o meu mellor amigo, volvino ver, pero para quedar eu tamén, detrás de aquela porta escura e vella. Tiña cancro.
martes, 17 de mayo de 2011
Xustiza e dor
Por máis que chego a saber, nunca escoito o meu interior. Miña sangre ferve, como se se tratase do caldo da miña avoa. É de noite. Noite escura e fria. Eu sentado no meu sillón, vello, con arranxos, pensando no que acabo de facer. Sabía que nunca debia facelo, que ainda que fora mala conmigo, nunca debía facerlle eu mal ningún. Pero nada, son un testán. Sabía que ía estar soa na casa, sabía que ía ser alguén malo, pero por isa noite, non escoitei o meu interior, como de costumbre.
Máis tarde, chorei, chorei como se fose o fin do mundo, quizais para min si que o era. Foi unha noite incalculable... cada vez era máis de noite, nunca era de día, eu esperaba polo solpor da mañan, pero nunca chegaba. Pero cambiando de tema, o partido de hoxe estivo ben non?...Cala, ti non podes cambiar de tema, fixeches mal a añguén, e fai pouco estabas chamando, cala!cala, por dios!.
Xa non podia facer nada, fixen unha chamada, e os 5 minutos eu tamén estaba ledo, frio e morto. Colgado dunha viga de madeira, feita polo meu avó, e miña muller alí, tirada. Sei que nunca debín facer isto. Debería morrer por segunda vez.
Hoxe vai por Lois.
Lois Pereiro, poeta, un poeta como diria Mendez Ferrin, da Terra. Uns din que era drogadito, eu sei que os seus problemas eran máis ca iso. Vai por ti Lois, creo que nadie máis ca ti o merecía. Non é fácil escribir a tua propia morte nuns versos, eu moitas veces intenteino, pero nunca me saleu verso, sempre en prosa. Lois, espero que endexamais te sintas ofendido por todo o que din de ti, sabes que foches e es un grande.
Lois, disfruta do teu día, merécelo. Oxalá hoxe todos os galegos lean un pouco da túa obra, asi saberán como fuches e quen fuches.
Grazas Lois.
lunes, 9 de mayo de 2011
A lus do outono ( I )
No meu interior agóchanse as gañas, a ledicia de volver a creer no que un día lonxano quixen ser. Foi onte cando me lembrei, era a noite de San Xoán, a noite máxica para Galiza, para o país, e a noite na que tempo atrás perdera os meus sentimentos. Dician, os daquela aldea, que tíñamos que saltar a fogueira de dous en dous e, polo menos 6 veces, quizais o das 6 veces víñame moi longo, pero atreviinme, tan só polo compromiso de estar agarrado a alguén, e polo de non caer a fogueira.
A noite sigueu, e en canto medin de conta, os galos cantaban no amencer. Sempre, o longo dos anos, dixéranme que aquela noite era máxica, que nela podias pidir todo o que quixeras e iase cumprir, non o sei, eu non recordo se pedira algo, se fora o meu subsconciente ou ninguén, tan só recordo que cando cheguei, xa pola mañan para tomar o café, meu pai estaba morto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)