martes, 17 de mayo de 2011

Xustiza e dor

Por máis que chego a saber, nunca escoito o meu interior. Miña sangre ferve, como se se tratase do caldo da miña avoa. É de noite. Noite escura e fria. Eu sentado no meu sillón, vello, con arranxos, pensando no que acabo de facer. Sabía que nunca debia facelo, que ainda que fora mala conmigo, nunca debía facerlle eu mal ningún. Pero nada, son un testán. Sabía que ía estar soa na casa, sabía que ía ser alguén malo, pero por isa noite, non escoitei o meu interior, como de costumbre.

Máis tarde, chorei, chorei como se fose o fin do mundo, quizais para min si que o era. Foi unha noite incalculable... cada vez era máis de noite, nunca era de día, eu esperaba polo solpor da mañan, pero nunca chegaba. Pero cambiando de tema, o partido de hoxe estivo ben non?...Cala, ti non podes cambiar de tema, fixeches mal a añguén, e fai pouco estabas chamando, cala!cala, por dios!.

Xa non podia facer nada, fixen unha chamada, e os 5 minutos eu tamén estaba ledo, frio e morto. Colgado dunha viga de madeira, feita polo meu avó, e miña muller alí, tirada. Sei que nunca debín facer isto. Debería morrer por segunda vez.

No hay comentarios: