lunes, 9 de mayo de 2011

A lus do outono ( I )

No meu interior agóchanse as gañas, a ledicia de volver a creer no que un día lonxano quixen ser. Foi onte cando me lembrei, era a noite de San Xoán, a noite máxica para Galiza, para o país, e a noite na que tempo atrás perdera os meus sentimentos. Dician, os daquela aldea, que tíñamos que saltar a fogueira de dous en dous e, polo menos 6 veces, quizais o das 6 veces víñame moi longo, pero atreviinme, tan só polo compromiso de estar agarrado a alguén, e polo de non caer a fogueira.

A noite sigueu, e en canto medin de conta, os galos cantaban no amencer. Sempre, o longo dos anos, dixéranme que aquela noite era máxica, que nela podias pidir todo o que quixeras e iase cumprir, non o sei, eu non recordo se pedira algo, se fora o meu subsconciente ou ninguén, tan só recordo que cando cheguei, xa pola mañan para tomar o café, meu pai estaba morto.

No hay comentarios: