jueves, 26 de agosto de 2010

Boa viaxe capitán!


Nunca é de bo ver , a perda dun ser querido. Sempre sintes que no máis fondo do teu corpo, comeza a faltarche algo, un non sei que. Quizais, cada vez que perdemos a alguen, vaisenos un cachiño de ese "algo" do noso corpo, que ca suma destas perdas levanos a nosa propia morte.

Foron malos días, certo, para tamén son dias de madurez, de reflexión, de intentar poñer un punto e final a unha parte moi ampla da túa vida.

E asi foi, a miña parte da niñez cando meu abuelo me levaba por ahi, enseñandome as terras, criandome, despois a etapa do orgullo, sei que algun dia sinteu orgullo de verme sendo campeon galego, ata a ultima etapa, onde me veu marcharme para intentar facer unha vida de estudante diferente.

Sr. Barral, enorgulleceme poder axudarlle na sua viaxe todos estes anos, eu cheguei ao porto, pero usted capitán, colleu un novo de barco, tan só co billete de ida. Que teña un bo viaxe capitán!!.

sábado, 26 de junio de 2010

NOTA NARRATIVA

O silencio canta nos ouvidos ata que aparece o asubío dun home que vai cruzar por aí enfrente. Aí está, parado, cunha vara na man, apoiado nas puntas dos pes, apagando as luces de cores.Apaga e vaise e segue asubiando.

Xa non se oe nada.
Nada.
Unha lufada de vente move uns papeis na rúa.


VENTO FERIDO ( cando cheguen as chuvias ) CARLOS CASARES.

VOLVER

Despois de tanto tempo sen escribir neste blog persoal, pois decidinme a volver a estas andadas. Posiblemente a falta de tempo, ou a falta de inspiración, as veces tan necesaria, fixo que deixara apartado este rincón tan persoal como é o blog.

Prometo, cada dia volver a escribir un pouco de min, xa que sen duda, este elemento tecnoloxico é o unico que me fai sentir ben, despois dun longo día, cheo de altos e baixos.


domingo, 17 de enero de 2010

17/01/2010

Volvin a Coruña, como os galegos que volven ao seu fogar despois de emigrar. E como eles mesmos o saben, volves a un lugar onde todo volve a ser igual ca sempre, ves a mesma xente de sempre e ves os mesmos homes traballadores de sempre.

Tes morriña? A morriña foiseme cando madurei, pouco, pero cando o fixen. O certo é que lle vou dar máis vida a este blog, tanto con cousas "persoais", como sociais, gustame escribir,e por algo teño o blog, non credes?

Sen máis, un domingo calquera, despois volverá Coruña, e logo a IN-morriña.


Homes de peito, con ghuevos pequenos.

lunes, 28 de diciembre de 2009

A canción do olvido


Corenta e tres anos, nin un máis nin un menos. A vida sonrieulle, buscou a felicidade, e abofé que a encontrou, encontrou máis ca iso, encontrou bágoas cando todos viamos sonrisos, e sonriu cando todos chorabamos. Gustaballe sair polas mañans, tocar a guitarra e non volver ata a casa ata que fora de madrugada. Sempre me dixo que a sua vida nublouse cando xogou a ser dios, neste intre vovleu a ser un ser en esencia. Volveu a sentir a dor, volveu sentir a soidade e volveu a non saber a tocar a cancion do olvido, que tantas veces entonará no seu ton, no seu fá sostenido,.

Por desgracia eu estaba alí, eu vin como as suas bagoas convertianse en cristais, vin como morreu nos meu regazo. Desde ese día xureino, xurei que cada dia volveria a plaia que tantas noites nos dous cancións e recordos e tocaria a cancion do olvido, que tocaria no seu honor, e que xamais me sentiria a persoa que se sinteu el. XAMAIS

sábado, 12 de diciembre de 2009

Noites, dias e volves as noites. Sentado, Led Zepellin, sona, camiñando polas calles iluminadas. Vense a seres que se queren, que nun momento estan engañados con tanto sentimento, o unico que queren e non sentirse so, pero iso pasa por que nunca sentiron a compañia que a soidade che fai. Eso si que é compañia.

A irreflexion dos demais faime sentir unico, o capitalismo nunca me gustou pero o certo é que as cousas fixeronse para facer algo, as cousas foron asi para poder sentilas e rompelas cando queiras.

E despois volven as lágrimas, os desexos e como non, a soidade.