jueves, 26 de agosto de 2010

Boa viaxe capitán!


Nunca é de bo ver , a perda dun ser querido. Sempre sintes que no máis fondo do teu corpo, comeza a faltarche algo, un non sei que. Quizais, cada vez que perdemos a alguen, vaisenos un cachiño de ese "algo" do noso corpo, que ca suma destas perdas levanos a nosa propia morte.

Foron malos días, certo, para tamén son dias de madurez, de reflexión, de intentar poñer un punto e final a unha parte moi ampla da túa vida.

E asi foi, a miña parte da niñez cando meu abuelo me levaba por ahi, enseñandome as terras, criandome, despois a etapa do orgullo, sei que algun dia sinteu orgullo de verme sendo campeon galego, ata a ultima etapa, onde me veu marcharme para intentar facer unha vida de estudante diferente.

Sr. Barral, enorgulleceme poder axudarlle na sua viaxe todos estes anos, eu cheguei ao porto, pero usted capitán, colleu un novo de barco, tan só co billete de ida. Que teña un bo viaxe capitán!!.

No hay comentarios: