viernes, 18 de febrero de 2011

Quizais, o que me espertou o sentimento de volver a escribir, foi volver os lares universitarios, logno dunha época de paz e reflexión. O vai e ven da xente, o intercambio de opinións, ou incluso os cafés da señora, son os que levan a un a querer escribir, a volver sentirse capacitaado para iso.

Pero tampouco me vou extender, porque como moitos profesores me dixeron o longo da miña vida académica, é moito mellor escribir pouco, pero ben e non moito e que non se entenda.

Branco=azul oscuro.

martes, 15 de febrero de 2011

Recordos do máis lonxe.

Logo de tempo sen escribir, sen publicar unhas míseras verbas, recordei que cando nadie me escoitaba, cando nadie se acordaba de min solía escribir nun blog que tantos bos alagas de moita xente me deu.

Son as 3:14 da mañan e un non pode durmir, seguramente síntoma dun malestar continuo, que durará anos, ou tamén debido a unha mala dixestión.

Vendo o programa de "Buenafuente", nas súas entrevistar, estivo invitado un suposto " optimista ", e de toda a entrevista podo recalcar unha pequena frase : " Creemos que existe un 3 % de optimistar, el restante 97% trabaja para ellos ". Creo que nunca se explicou tan claramente o síntoma dunha sociedade enfermiza e in-cultivada nun relixión- ética espiritual indecisa e sumida no fracaso colectivo.


Bona nuit!

domingo, 9 de enero de 2011

Obxectivo nº 1: O solesticio

Nunca escoitei os demais. Sempre fun un don nadie, que nunca queria ser menos que nadie. Aquela noite cheiraba a alcohool, si, miña muller deciamo, pero eu nunca escoitaba.
Doeme a cabeza, logo máis tarde trono, escotei un gran estrondo na leira de atras. Chorou, as ovellas choraron, e non sabia que facer, se chorar eu tamen ou morrer.

O unico es toupido que eu escoitei foi o do meu corazón.

PD: nunca nevara senón chove.

jueves, 25 de noviembre de 2010

Sempre recordaba naquelas noites, unha pregunta que nunca tiña resposta. De onde veño? E claro, nunca fun de interpretala ó máis mínimo.

Paseime noites mirando cara un ceo estrelado, nubrado e incluso atormentado, pero xamais me veu a inspiración propia dun adiviño.

Na miña vida foronse sucendo moitas e diversassituacións, mortes, amizades e des- amizades, logros, fracasos, bagoas, sonrisos...Pero nunca, suoben cal era o meu sitio nun lugar tan húmido e verde como este.

Chamádeme, cando me encontredes no pelouro máis grande da serra do Courel.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Xa empezas a parecer un tolo, non te abandones.

Agora tes que partir, non deas máis voltas. Tes que ir aló. Soubéchelo hai un mes, non é? Recordácheloentón. Foi hai un mes cando recordaches que debías deixar de adiar esta viaxe e ir alí de vez, foi cando levaches aquel susto.

Facíache falla un susto para recordalo. Aí comenzou todo.

Suso de toro. Sete palabras

miércoles, 17 de noviembre de 2010

PEQUENA INTRODUCCIÓN AO CAOS

Non fai moito tempo comentaronme que no 1936, pasou por Galicia unha gran tremoada. Sí, sei que tan só foron uns días, pero neses días chovia que daba ghusto.

Os máis vellos do lugar, decíanme, que nunca viran algo parecido. Eles estaban a traballar nas súas leiras, cos seus fillos de lado e alé, fixose de noite e comenzou a chover. Din que nin os paraugas soportaban tal intensidade de choiva, e moitos rompian. O vento era intenso, sereno e débil no seu punto medio.

Tan só foron 3 días, logo do "gran temporal" había nas rúas un gran olor a infenso, e a petardo. O cuarto día saiu o sol, pero non era o mesmo sol de sempre, era moito máis escuro, menos cálido e máis antártico.

Dixeronme que todo isto ocorreu no principio de verán do 1936, dixeronme que si, que chovera, pero que tan só se acordaban deses tres días, xa que o resto, foi como estar no purgatorio. Dixeronme que os lóstregos eran infernais, e que por culpa deles, moitos familiares morreron.

Un neno dixome que vira a seu pai nun camiño, pero que seu pai non lle falaba, houbo un lóstrego, e marchou correndo. Hoxe en día xa non chove así, pero moitas veces temos que seguir dicindo que mexan por nós.

lunes, 15 de noviembre de 2010

CONTOS DE NAVIDADE

Logo, dun gran recorrido sen inicio nin final, encontreime aquí, outra vez. Logo de estar anos, volvin a aparecer no mesmo lugar.

Abrin a porta, e seguía todo igual, a mesma fiestra, o mesmo libro na ventá e sobre todo a mesma foto, ali, alí no final do cuarto.

Volvín a andar por aquela madeira, podre, cunha gran humedad. Tirei todos os caixóns ao chan, queria volver a encontrar o papel, que anos atrás non queria leer. Hoxe queria lelo.

E asi o fixen, logo de encontralo debaixo desa cama. Dispúxenme a lelo, e alí o poñía, ali estaba mesturado entre telas de araña e unha gran humidade, alí esta o final, pero que contradictoriamente foi o meu inicio.

Rematei de lelo, e marchei. Eu xa estaba morto, tan só queria volver a casa onde vivira.