miércoles, 17 de noviembre de 2010

PEQUENA INTRODUCCIÓN AO CAOS

Non fai moito tempo comentaronme que no 1936, pasou por Galicia unha gran tremoada. Sí, sei que tan só foron uns días, pero neses días chovia que daba ghusto.

Os máis vellos do lugar, decíanme, que nunca viran algo parecido. Eles estaban a traballar nas súas leiras, cos seus fillos de lado e alé, fixose de noite e comenzou a chover. Din que nin os paraugas soportaban tal intensidade de choiva, e moitos rompian. O vento era intenso, sereno e débil no seu punto medio.

Tan só foron 3 días, logo do "gran temporal" había nas rúas un gran olor a infenso, e a petardo. O cuarto día saiu o sol, pero non era o mesmo sol de sempre, era moito máis escuro, menos cálido e máis antártico.

Dixeronme que todo isto ocorreu no principio de verán do 1936, dixeronme que si, que chovera, pero que tan só se acordaban deses tres días, xa que o resto, foi como estar no purgatorio. Dixeronme que os lóstregos eran infernais, e que por culpa deles, moitos familiares morreron.

Un neno dixome que vira a seu pai nun camiño, pero que seu pai non lle falaba, houbo un lóstrego, e marchou correndo. Hoxe en día xa non chove así, pero moitas veces temos que seguir dicindo que mexan por nós.

No hay comentarios: