sábado, 14 de noviembre de 2009

Odia do principio

Luns, tarde. Os rapaces volven cara as asuas casas, pero el non. Curiosamente, todos os dias que quedei no paseo maritimo dando voltas antes de entrar para clase, ali estaba el, un home de uns 60 anos aproximadamente. Armeime de valor porpulsada pola miña abaricia de saber o por que desa situcion.

BEn, el ata agradeceu un pouco de compañia, eu alegreime de que a sua faciana se volvese feliz. Comezou a falar.

Dixome, que certa noite, mentres el traballa na mar, fixo un temporal enorme, o barco escorou e morreron os seus tripulantes menos el. Pouco tempo despois o seu fillo quixo seguir o camiño do seu pai, e marchou para a mar, o pai xa xubilado via como o seu fillo queria facer o que el fixera con sufrimento durante moitos anos. Pois ben, a noite que viviu o pai, volveuse repetir, pero co seu fillo nun buque. Todos os tripulantes morreron, e entre eles o seu fillo de 23 anos. Despois dunha longa lista de curiosidades e malos augurios que me contou o home, volveu a sua cara hacia a miña e dixome:

-Pois rapaz, por iso cando me lenvato sempre as 7.30 da mañan, compro o periodico e veño cara aqui, de caron ao mar, xa que el tragouse o meu fillo e eu o unico que ainda quero é o meu fillo.

El pasa o dia ata as 10 da noite ali, mirando cara o mar,cos ollos algo chorosos. Pero o certo é que en dias de temporal e cando mais lle recorda a sua ´poca mariñeira e tamen lle recorda o dia no cal a mar tragouse a 17 mariñeiros, entre eles o seu fillo.



ESTO É REAL

No hay comentarios: