sábado, 15 de octubre de 2011

Retraso ao sono

De pequeno choraba nada máis escoitar pechar a porta da cuadra, e ainda que pasen os anos por él, todavía cando escoita ese ir e vir de sons fráxiles para calquera oido, sinte un pequeno escalofrio no seu interior. E todo isto a que ven?


O seu avó morrera fai apenas un ano. Moitos deronlle o pésame, e incluso quixeron chorar para sentirse ben ao seu carón, pero eles, os que viñeron para "intentar facerlle a vida feliz", non sabían que non se fora tan só o seu avó, fórase o seu pai. Sí, escoitades ben, el o criou mentres os seus país traballaban para poder mantelo, ninguén sabía o que de verdade sentía no seu interior. 


Logo de moito tempo, sempre que se pousaba nun pequeño pelouro ao carón do mar, todo lle recordaba a él, quizais pola soidade que sentía sempre que estaba alí, as gaivotas xa non só eran aves, para él eran compañia fugaz e necesaria.


Esa soidade como, cando antes de darlle sepultura, aquela porta do cimiteria, transmitia aquel fráxil ruido, e todo este sufrimento para que? Total el acabará igualmente, naquel lugar, entre bloques e cemento, de novo só, ca súa soidade.

1 comentario:

A nena do paraugas dijo...

A soidade é a única compañía que nunca nos abandona...