Logo de escoitar asubiar o vento, entro os carballos da fraga do meu pobo, dígovos,que veñades a él, que choredes neles, que vos refresquedes a carón deles. Vide as nosas praias, non só polo verán, a beleza autentica está no inverno.
Sen ningunha dúbida, as tardes de inverno na praia, son todo o que podería pedir na miña vida, pero dá a casualidade que xa o teño, na miña terra. Son aficionado a natureza, porque sí, porque dela vimos, e dela morremos. Solo quero decirvos, que nunca é tarde para descubrir o que tendes na vosa terra, na vosa cultura. Non só Galiza é monumentos, nin gastronomía, o esencial de Galiza, dende sempre foi a súa maravillosa natureza, o seu piar dos paxaros nos días intensos de choiva entre as árbores, o romper das ondas da mar, no seu porto, como o é a praia, e como non, cando remata de chover, e a terra desprende un aroma único, de beleza natural, de amor cara ti.
1 comentario:
O malo é que este ano, esa beleza estase queimando por todos os recantos e semella que a chuvia sanadora non quere aparecer por aquí para refrescar as Terra...
Publicar un comentario