sábado, 11 de febrero de 2012

...

Nunca antes espertara tan desperto e a vez tan adurmichado. Nada máis espertar, aqueles paxariños, negros de corpo, axudabanme a levantarme. Todo era o mesmo, levantarse, tomar unha sopiña de fai días, e volver a traballar, chovese, nevase ou fixera sol. E o bo disto, e que eu non me cansaba do que eu tiña, da miña vida enxebre, pero digna, ainda que moitos pensasen que era un don nadie, podian ter razón, pero o unico que me alegraba ao chegar a miña cama, era saber que se finaba esa noite, ia ser na miña terra, na miña casa cheas de humidades e de humildade.

1 comentario:

A nena do paraugas dijo...

Son da mesma opinión. E penso no duro que ten que ser non ter un recanto de humildade e humidade no que repousar a cabeza logo dunha xornada de traballo, como duro ten que ser telo, pero lonxe da Terra...

Un saúdo.