Gracias a un tratamento enérxico poiden dete-lo avance da miña enfermedade...pero eso xa non me preocupa. Perdín o meu fillo, que era toda a miña esperanza, e esa sí que é a miá desgracia. Unha desgracia completamente irreparable que me deixou cego e farto de todo, poisque non vexo nada nin teño arela de nada.
Son absolutamente pobre de bens ( o meu fillo está enterrado no panteón dun amigo ), pero foi normal de toda a miña vida ganar sempre o meu pan. Temendo quedar inútil percurei este traballo que me asegura unha xubilación, poñéndome a coberto da miseria e da filantropía. Así, me vexo forzado a vivir con grande modestia, pero permítome o luxo de vivir independente.
Carta de Alfonso Daniel Rodriguez Castela ao Presindente do Centro Galego de Bós Aires.
No hay comentarios:
Publicar un comentario