lunes, 27 de febrero de 2012

Epitafio

Primeiro foi un agosto do 2010, agora será un mes calquera de 2012. Entendo moi ben, nunca os chascos foron vos de superar, e inda por enriba se veñen todos xuntos. Quizais ainda que parezca que non, o entendo tanto coma ti, incluso máis, non é fácil chegar e pasar de sentirse querido a non ter a ninguén. Dende pequeno tiven a "sorte" de medrar entre as maiores inxustizas que xamais podades crer. 


Seguramente nunca leeras isto, e quizais eu tampouco o volva a facer, pero cando un cae tantas e tantas veces, ten os xeonllos tan planos que xa non se é capaz de volver a levantarse máis.


Adeus J.

sábado, 11 de febrero de 2012

...

Nunca antes espertara tan desperto e a vez tan adurmichado. Nada máis espertar, aqueles paxariños, negros de corpo, axudabanme a levantarme. Todo era o mesmo, levantarse, tomar unha sopiña de fai días, e volver a traballar, chovese, nevase ou fixera sol. E o bo disto, e que eu non me cansaba do que eu tiña, da miña vida enxebre, pero digna, ainda que moitos pensasen que era un don nadie, podian ter razón, pero o unico que me alegraba ao chegar a miña cama, era saber que se finaba esa noite, ia ser na miña terra, na miña casa cheas de humidades e de humildade.