domingo, 31 de julio de 2011

VOLTAR.

Do frio terrible, pasei ao cálido solpor do luar. Incrédulo, sí, foi como quedei, parecía tal, que nunca souben en que me convertera. Sentado naquela terraza, a pé de praia, escoitaba as gaivotas pelear pola súa comida, aos turistas discutir se aquí facía máis calor ou menos que no seu lugar de orixe, e o meu subconnciente decirme que ese non era o meu lugar. Levantarme? Demasiado vago para facelo, non máis que porqué tiña o meu café con xeos en fronte miña sen rematar. E cal foi a miña intención? Pois acabei o café con xeos e levanteime, tranquilamente, saboreando con ledicia o último sabor doce que tiña no meu padar. Cando cheguei ao pé da praia, sentíame, ben, como un páxaro sen fame, metinme na auga, pouco a pouco, sen pensar no que despois podía pasar, sen escoitar os estranos gritos das persoas da plaia, sen pensar. 

Setinme feliz por un momento, momento no que abrin os ollos, e no que non vin nin o azul do ceo, nin o branco da auga, ahí, nese momento a miña felicidades, os meus sentimentos de alegría viñéronse abaixo, tan abaixo como me atopaba eu, no fondo do mar.