jueves, 30 de septiembre de 2010

Outono, ti si.

As noites chegaron, a chuvia volveu a esbarar pola miña ventá, e mentras tanto a soidade e a tristura volven a aparecer no meu rincón. Ainda que pareza mentira, esta época do ano é a que máis me gusta. Gustame percorrer o verde campo, mentras chove, mentras lostrega, mentras vexo nas gotas de chuvia alostregadas o meu futuro indeciso, oscuro e lonxano.

Nesta época todo ten máis maxia, as ruas molladas, os campos relucentes a causa das bagoas que alguén, dende arriba deixa caer pouco a pouco mentras nos caen nos nosas facianas.

E falando disto, recordo aquel rapaz, sentado na esquina do corte ingles, tocando mentras chovia, mentras todos querian chegar a casa e poder secarse, el queria seguir tocando a sua canción, queria que as suas bagoas se xuntase coa chuvia. Sentiase só, pero el bastabase para ser feliz, el e a sua guitarra. Pasei polo seu carón e quedeime mirando con gran orgullo, poderia estar na rúa, sen familia, pero para min, este rapaz era un campion, os que pasaban polo seu lado, eran os perdedores.

E isto sucedeu nesta época,. nunha época de luxo, de praias molladas por auga doce, praias especias, atrdes increibles que pasei nas plaias, e que se nada mo impide, volverei a encontrar a inspiración perdida no meu rincon da miña plaia favorita.

Dani Barral.

martes, 21 de septiembre de 2010

Néboa, moi blanca. Son, moi forte


Estás sentada fronte ao mar, nesa plaia que tantos recordos che dou. Sempre estás alí sentada, mirando cara o mismo punto, uns dia que é o horizonte, outros unha rocha no medio desa manta azul, pero eu sei que iso non é verdade. Encontrabaste triste, desanimada. Todo xurdeu como aquela vez que viches a esa gaivota marchar e non volver. Foi igual, rápido, sinxelo e doloroso. Entón volves a recordas porqué estás ali sentada. volvenche a sair esas bágoas que non podes nin desimular nun gran mar azul. As túas bágoas volverán, pero nelas xa non tes máis tristura. Entón levantaste, pero xa non miras cara atras, ante ti o azul do ceo e o son do mar. Nel olvidaches todo, todo o que che fixeron sentir, e as tuas feridas cerraronse tal como se cerran na tua man. Paseas. Apagase o día, encendese a noite. As pantasmas marcharon. Recordas o mar e volves a sonreir, e nunca máis a chorar. Por un dia a vida mais ti sonreiches á vez.


Néboa, moi blanca. Son, moi forte.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Sen titulo

Polas noites descubro que a hipocresia escondese. Para o pouco tempo que teño andiven moito mundo, descubrin as malicias dos demais e tamén os agarimos que me poderian dar. Nunca souben cal era o meu lugar, cal era a miña función neste sistema inpolucto e capitalista.

Pero as noites poden conmigo, nas noites de verán, nas de inverno e especialmente nas de outono descubrin como é a xente en realidad, pola galega falo. Sen importancia, sen gañas pola revolución e seguindo pensando que Galiza non ten futuro nun ambito de esquerdas.

Negome a pensar iso e prefiro vivir na miña ignorancias, pensando o que eu creo que é certo e que tarde e temprano vaise a comprobar.

lunes, 13 de septiembre de 2010

En Galiza non se pide. Emígrase.

Gracias a un tratamento enérxico poiden dete-lo avance da miña enfermedade...pero eso xa non me preocupa. Perdín o meu fillo, que era toda a miña esperanza, e esa sí que é a miá desgracia. Unha desgracia completamente irreparable que me deixou cego e farto de todo, poisque non vexo nada nin teño arela de nada.
Son absolutamente pobre de bens ( o meu fillo está enterrado no panteón dun amigo ), pero foi normal de toda a miña vida ganar sempre o meu pan. Temendo quedar inútil percurei este traballo que me asegura unha xubilación, poñéndome a coberto da miseria e da filantropía. Así, me vexo forzado a vivir con grande modestia, pero permítome o luxo de vivir independente.

Carta de Alfonso Daniel Rodriguez Castela ao Presindente do Centro Galego de Bós Aires.

domingo, 12 de septiembre de 2010

Luns 13

Isto xa o sentin, si, creo que isto repitese cada ano o mesmo dia. Pero a miña pregunta é porqué?
Moitos filosofos das épocas gregas ou posteriores, formularon a pregunta de porque o ser humano esta na terra, cal é o seu fin. O longo deste tempo descubrin que nacemos un dia que nos marca, xa que todos os que che rodean recordan esa fecha, pero no teu interior sinteste engañado, anodado porque tan só se acordan de ti no dia que naces e logo no que morres.

Parece triste, podes haber sido o campión de algun deporte ou tan so un xogador mediocre, pero as fechas que te marcan son as do teu nacemento e a da túa morte.

E volvendo a miña pregunta, porque o volvo a sentir, volvemolo a sentir porque é un dia no que esperamos ser amados, queridos, importantes por un día.
A lástima é que seremos importantes tamen o dia que morramos, ese dia tamen se resolve as preguntas dos antigos filosofos.

Dani, noraboa!

viernes, 3 de septiembre de 2010

Venres, triste.


Venres. De madrugada, e todo se volve a repetir. Noite, oscuridade, desexos, incluso rencor. Agobio, pero non por estar encerrado, non por estar escoitando a mesma canción unha e outra vez, non, senon polo medo, medo a sentir e non expresar.

Digo por decir, pero é certo, sempre me gustaron as noites de setembro, noites con "algo" en especial, os atardeceres son distintos, eu diria que máis claros, e máis oscuros para min, para o meu interior.

E o agobio de onde ven? Pois si do meu interior, de vivir unha historia que é todo mentira, que non se lle pode chamar nin historia.

É boa hora para reflexionar, pero tamén para durmir, ou incluso para deitarse na plaia e ver como o meu interior sae cara afora en forma dun ceo estrelado.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

1 semana


Vai facer unha semana que te fuches, e notase. Xa non é o mismo ir pola calle e non ver a nadie, non ver o meu abuelo, a unha persoa que da sua maneira miraba polo seu ben e polo dos demais. Quizais nunca supen o que eras, pero o dia no que te perdin souben que era o dia mais triste da miña vida. Viran mais seguro, non serei forte... pero xamais, xamais me rindirei.

Sei que o dia que me vaia, nadie me recordará coma fun, senon como intentei ser.

Se quero marchar e para olvidar todo o que aqui fixen, o que aqui coñecin, algunhas persoas valen moito a pena, outras non.


Sen ningunha duda, despidese un soñador, sen futuro.